pare | 21
Moitos nenos e moitos adultos senten o impulso de entrar en lugares abandonados. Estes espazos sempre están delimitados, encadrados dentro duns límites máis ou menos definidos, igual que unha imaxe no interior dun marco. Normalmente, aparecen tapiados, valados ou perimetrados por unha cinta. Normalmente, rótulos con cores chamativas advirten do perigo que supón acceder a eles por risco de desprendemento ou derrubamento.
Todo isto é ben certo, pero a verdade é que hai outra razón máis poderosa que explica a prohibición da entrada a este tipo de sitios. Nada debería saír deses límites e nada debería entrar porque os lugares abandonados, representan, dalgunha maneria, a testemuña dun “fracaso”. Os fracasos non deben ser admitidos, non deben ser coñecidos; deben ser ocultados aos ollos alleos. Hai quen diría que para entrar nalgún destes lugares precisamos, como na película de Tarkovski, dun stalker que nos guíe pola ruta máis segura, sen ser descubertos polo Gran Outro.
Fotografías premiadas en el concurso Xuventude Crea 2021, Xunta de Galicia.



















